Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión Lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comprensión Lectora. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de xuño de 2020

Trabalenguas

3º, 4º, 5º, 6º Primaria


¡A la carrera! ¿Serás capaz de leer estos trabalenguas sin equivocarte? ¿Quién es el más rápido de tu casa en hacerlo?

Trabalenguas tr 1Trabalenguas
Vector de dibujo de azul número tres | Vectores de dominio público
Creativa En La Conversión De Circo Tiempo Moldeada Número 1 ...Letras de estilo mexicano número dos - Descargar PNG/SVG transparenteTrabalenguas

mércores, 17 de xuño de 2020

Quen son? II

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA

Personaxes de película




Signo de interrogación en la cabeza persona | Icono Gratis
Son un personaxe de fantasía. Son de xénero masculino. Na miña película, son o protagonista. Ainda que moita xente asústase ao verme, son o heroe. Vivo nunha casiña no medio dunha ciénaga. O meu mellor amigo é un animal que non para de falar e cantar. O seu nome comeza por A___, é moi teimudo! Ainda que son un monstruo verde, son quen de rescatar unha princesa dunha temible dragoa... e ademais caso con ela! Quen son?






Signo de interrogación de la mujer Stock de Foto gratis - Public ...Son unha muller. Teño o cabelo longo recollido nunha trenza. Non, non son Elsa! Visto como unha vaqueira e vivo grandes aventuras cos meus amigos... grandes aventuras que a ti pareceranche ben pequenas. O meu mellor amigo tamén viste de vaqueiro, e xunto cun home do espacio sempre andamos en líos para conseguir volver co noso neno A___. Sabes quen son?







*Comproba a túa resposta facendo clic na imaxe da personaxe.

xoves, 11 de xuño de 2020

Quen son? I

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA

Personaxes de películas

Signo de interrogación de la mujer Stock de Foto gratis - Public ...
Son unha muller. Sen ser raiña, son de sangue real. Vivo nun mundo onde a maxia existe. Son orfa de pai e de nai, pero teño unha irmá. O meu mellor amigo ten un nome que comeza pola letra O____. Eu non teño poderes, pero a miña irmá sí. O meu palacio está á veira do mar. Na miña historia, o príncipe non é o heroe, senón o vilán. Ainda que non é inverno, todo está cuberto de neve. Sabes quen son?

antony (alaracristo17) en PinterestSon un animal. Sen ter plumas, sei voar. Sendo negro, non son un morcego. Encántame o peixe, pero non son un gato. Son un alfa, pero non son un lobo! Estou cuberto de escamas. Teño catro patas, ás e unha longa cola. O meu mellor amigo é humano, o seu nome comeza con H___. Vivo nunha illa de guerreiros vikingos no medio do mar. Quen son?

*Se xa o adiviñaches e queres comprobar a solución, fai clic na imaxe e verás a foto da personaxe.


luns, 1 de xuño de 2020

Diferencias

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA

¡Buenos días! Hoy vamos a practicar algo de comprensión lectora. La actividad de hoy consiste en encontrar las diferencias entre el texto, y la imagen que se describe en él.
En el caso de 3º y 4º, deberéis resolver el primer texto, donde tendréis que encontrar 5 diferencias. Vosotros ya tuvisteis una actividad de este tipo, pero en gallego, ¡de forma que ya sabéis como funciona!
El segundo texto es para 5º y 6º, y en vuestro caso habrá 8 diferencias.


JUEGOS DE COMPRENSIÓN LECTORA ® Ejercicios infantiles




mércores, 13 de maio de 2020

Solucións dos enigmas e das diferenzas.



Que tal? Atopaches a resposta das 10 adiviñas? Por se queres comprobar as túas solucións, ou por se algunha quedou sen resposta, aquí vos deixo un enlace coas respostas dos enigmas, e tamén a correción do texto das 5 diferenzas.
ENIGMA DE LA SEMANA | C.E.I.P. AZNAITÍN
       

martes, 12 de maio de 2020

As 5 diferenzas

3º e 4º PRIMARIA


Quen coñece o xogo das diferenzas? Para esta actividade teredes que atopar cinco diferenzas. Nembargantes, como estamos a traballar a comprensión lectora, neste caso teredes que ler o texto para atopar na imaxe as cousas que na descripción non se corresponden co que se ve na foto!


Na granxa de Maruxa hai moitos animais: porcos, galiñas, ovellas, cabalos e vacas. Todos están a xogar e correr diante da casiña de tellado amarelo de Maruxa. Qué ben o pasan! Mentres os animais comen e divírtense, Manolo, o irmán de Maruxa, recolle limóns co seu tractor. Fai moi bo día, e pode verse o sol ben alto no ceo. Cando rematen as tarefas, Maruxa e Manolo quitarán as botas verdes e entrarán na casa a descansar.

Cuca Fraile - Ilustraciones Infantiles: Mi granja

Enigmas

3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA


Como xa sabedes, a comprensión lectora é unha das cousas que máis traballamos xuntos na aula. Esta semana subirei dinstintos xogos e actividades relacionados con ela.
Para comezar, aquí vos deixo uns enigmas. Para resolvelos deberedes amosar unha lectura atenta!

  1. "Fala sen ter boca, escoita sen ter orellas. Para ser tan pequeniño, ben fai moito barullo!".
  2. "Por máis que me pisas non me fas dano. Eu, máis o meu xemelgo, imos contigo a todas partes".
  3. "Moitos golpes recibe, cando á xente a entrada prohibe".
  4. "É moi longa e está feita de lá. Cando vai frío lévaa miña irmá".
  5. "Teño agullas e non sei coser. Teño números e non sei contar. Quén son?".
  6. "Son bonito por diante e algo feo por detrás. Cambio a cada intre xa que imito aos demáis".
  7. "É un señoriño algo gordiño. Sempre anda coloradiño. El xamais toma café, soamente toma té".
  8. "Nin é cama nin é león, máis camúflase en cada rincón".
  9. "Canto máis gordo máis sabio. Canto máis longo máis pesado".
  10. "Teño cadeas, pero non estou preso. Canto máis me empurran mellor o paso".



Mañá mesmo subirei as solucións dos enigmas.

Consellos COVID-19

Boas! Cómo andades? Todo ben? Agora que xa podemos sáir á rúa de novo é imprescindible que teñamos presentes as normas que debemos seguir para combatir o COVID-19. Se vos lembrades,  antes de marchar para casa cando pecharon a escola, xuntos comentamos que cousas debemos facer e cales non para axudar a combatilo.
Para refrescarvos a memoria e comprobar que tedes ben presentes as intruccións que todos debemos seguir agora que nos deixan saír da casa, aquí vos deixo unha actividade. Para resolvela tedes que unir cunha frecha o texto e a imaxe que vai con el, que o representa. É dicir, cada ovella coa súa parella.

La palabra covid-19 con el icono de coronavirus, signo de concepto ...