Boas! Cómo andades? Todo ben? Agora que xa podemos sáir á rúa de novo é imprescindible que teñamos presentes as normas que debemos seguir para combatir o COVID-19. Se vos lembrades, antes de marchar para casa cando pecharon a escola, xuntos comentamos que cousas debemos facer e cales non para axudar a combatilo.
Para refrescarvos a memoria e comprobar que tedes ben presentes as intruccións que todos debemos seguir agora que nos deixan saír da casa, aquí vos deixo unha actividade. Para resolvela tedes que unir cunha frecha o texto e a imaxe que vai con el, que o representa. É dicir, cada ovella coa súa parella.
Ningún comentario:
Publicar un comentario