martes, 12 de maio de 2020

As 5 diferenzas

3º e 4º PRIMARIA


Quen coñece o xogo das diferenzas? Para esta actividade teredes que atopar cinco diferenzas. Nembargantes, como estamos a traballar a comprensión lectora, neste caso teredes que ler o texto para atopar na imaxe as cousas que na descripción non se corresponden co que se ve na foto!


Na granxa de Maruxa hai moitos animais: porcos, galiñas, ovellas, cabalos e vacas. Todos están a xogar e correr diante da casiña de tellado amarelo de Maruxa. Qué ben o pasan! Mentres os animais comen e divírtense, Manolo, o irmán de Maruxa, recolle limóns co seu tractor. Fai moi bo día, e pode verse o sol ben alto no ceo. Cando rematen as tarefas, Maruxa e Manolo quitarán as botas verdes e entrarán na casa a descansar.

Cuca Fraile - Ilustraciones Infantiles: Mi granja

1 comentario:

  1. Encontré así cinco diferencias:nona hai caballos, o Tellado e bermellón, Manolo recolle laranxas, non se mira o sol e non teñen botas verdes
    Arwen 2 primaria
    Biquiños, molou moito

    ResponderEliminar