3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA
Como xa sabedes, a comprensión lectora é unha das cousas que máis traballamos xuntos na aula. Esta semana subirei dinstintos xogos e actividades relacionados con ela.
Para comezar, aquí vos deixo uns enigmas. Para resolvelos deberedes amosar unha lectura atenta!
- "Fala sen ter boca, escoita sen ter orellas. Para ser tan pequeniño, ben fai moito barullo!".
- "Por máis que me pisas non me fas dano. Eu, máis o meu xemelgo, imos contigo a todas partes".
- "Moitos golpes recibe, cando á xente a entrada prohibe".
- "É moi longa e está feita de lá. Cando vai frío lévaa miña irmá".
- "Teño agullas e non sei coser. Teño números e non sei contar. Quén son?".
- "Son bonito por diante e algo feo por detrás. Cambio a cada intre xa que imito aos demáis".
- "É un señoriño algo gordiño. Sempre anda coloradiño. El xamais toma café, soamente toma té".
- "Nin é cama nin é león, máis camúflase en cada rincón".
- "Canto máis gordo máis sabio. Canto máis longo máis pesado".
- "Teño cadeas, pero non estou preso. Canto máis me empurran mellor o paso".
Mañá mesmo subirei as solucións dos enigmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario