venres, 29 de maio de 2020

English Time: Family Members

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA


Hello! Here I have a worksheet for all of you to review another block of vocabulary: the family members.
Click on the picture to get started. Good luck!


mi familia – jopela1951

martes, 26 de maio de 2020

Hidden Objects I

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA


Find in the picture: a clock, a cat, carrots, newspapers, a heart, a yellow scarf, a cake, a bell, apples.

General Store - 1000 Piece Puzzle|House of Puzzles



luns, 25 de maio de 2020

English Time: Animals

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA

Alumnos seleccionados para viaje a Londres de Erasmus+ – IES María ...

Hi! Today we are going to practice some English. We will review some vocabulary, this time about animals. Here you have a link to download the activity!

Download/Descargar



venres, 22 de maio de 2020

Calculo SEN Calculadora

Que tal andades? Sei de boa tinta que moitos de vós estades a usar a calculadora na casa para facer os deberes agora que os profes non estamos presentes... Pos ben, para compensar, aqui vos deixo unha actividade na que está terminantemente prohibido o seu uso! Confío en que entendades que facer calculos de cabeza e sen axuda e moi importante. Cando voltedes á escola precisaredes desta habilidade de cáculo rápido.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º recordade que hai un orde correcto de facer as cousas cando temos varias operacións ou parénteses.

Amazon.de: Cinlla Magnetische Zahlen Mathematik Symbole Holz ...De xeito que... A practicar!


3º PRIMARIA


4º PRIMARIA


5º PRIMARIA


6º PRIMARIA

mércores, 20 de maio de 2020

Solucións dos enigmas matemáticos

Que tal foi? Puidestes resolver os enigmas? A máis de un déronlle dor de cabeza, seguro! Aquí vos deixo as solucións para que comprobedes que tal vos saíron.

3 by 3 Rubik Magic Cube at Rs 60/piece | Majiwada | Mumbai| ID ...


martes, 19 de maio de 2020

Desafío Matemático

Boas! Hoxe imos traballar outro pouco coas mates, máis en concreto con xogos de lóxica.
O primeiro de todo, estas son as solucións para os crebacabezas de onte:

Como podedes ver, hai tres posibles solucións. Claquera delas é válida!

Movendo eses tres palillos, que se ven máis clariños, é como solucionamos este problema.

E para hoxe... estes son os vosos desafíos! Boa sorte!


3º e 4º PRIMARIA

O primeiro de todo, copia este debuxo.
Agora coloca os números: 1, 2, 3, 4, 5 e 6 nos círculos de xeito que cada lado sume 10.
Doy el resto: Triángulo mágico

Puideches? Entón a ver se es quen de facer estoutro. Agora os lados terán que sumar 20 e terás que colocar os números: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9. Boa sorte!

Problemas Matemáticos: Triangulando números

5º e 6º PRIMARIA

A continuación atoparedes varios enigmas. Tedes que tentar resolvelos! Para conseguilo teredes que prestar moita atención ao que hai en cada imaxe, a TODO o que hai!

Acertijo con figuras geométricas. (con imágenes) | Acertijos ...Podés resolver el enigma de las frutas?GTO - Resuelve el enigma de estas frutas de temporada y... | FacebookCGTN en Español on Twitter: "Un acertijo con muchas trampas ...

*Non esquezades o que aprendestes coas operacións combinadas... a ver en que orde facedes as operacións!

luns, 18 de maio de 2020

Crebacabezas

3º, 4º, 5º, 6º PRIMARIA


Rétovos a un duelo!
Con palillos, copiade esta suma na casa. Algo falla, non? Porque como todos sabemos 6+4 non son 4!
Movendo un só palillo, converte esta suma nunha operación correcta.
6+4 puede ser igual a 4 con un solo movimiento
Deches coa solución? Entón imos ver se es quen de resolver estoutro: aqui podes ver un peixe deifo de fósforos. Construe un con palillos. Listo? Agora, movendo soamente tres palillos, fai que o peixe nada na dirección contraria.
Cerillas – El Pez / Science 4 Kids
Signo De Interrogación Pregunta - Imagen gratis en Pixabay

DERECHA E IZQUIERDA - coordinacion

Flecha Izquierda Señalando - Gráficos vectoriales gratis en Pixabay

mércores, 13 de maio de 2020

Solucións dos enigmas e das diferenzas.



Que tal? Atopaches a resposta das 10 adiviñas? Por se queres comprobar as túas solucións, ou por se algunha quedou sen resposta, aquí vos deixo un enlace coas respostas dos enigmas, e tamén a correción do texto das 5 diferenzas.
ENIGMA DE LA SEMANA | C.E.I.P. AZNAITÍN
       

martes, 12 de maio de 2020

As 5 diferenzas

3º e 4º PRIMARIA


Quen coñece o xogo das diferenzas? Para esta actividade teredes que atopar cinco diferenzas. Nembargantes, como estamos a traballar a comprensión lectora, neste caso teredes que ler o texto para atopar na imaxe as cousas que na descripción non se corresponden co que se ve na foto!


Na granxa de Maruxa hai moitos animais: porcos, galiñas, ovellas, cabalos e vacas. Todos están a xogar e correr diante da casiña de tellado amarelo de Maruxa. Qué ben o pasan! Mentres os animais comen e divírtense, Manolo, o irmán de Maruxa, recolle limóns co seu tractor. Fai moi bo día, e pode verse o sol ben alto no ceo. Cando rematen as tarefas, Maruxa e Manolo quitarán as botas verdes e entrarán na casa a descansar.

Cuca Fraile - Ilustraciones Infantiles: Mi granja

Enigmas

3º, 4º, 5º e 6º PRIMARIA


Como xa sabedes, a comprensión lectora é unha das cousas que máis traballamos xuntos na aula. Esta semana subirei dinstintos xogos e actividades relacionados con ela.
Para comezar, aquí vos deixo uns enigmas. Para resolvelos deberedes amosar unha lectura atenta!

  1. "Fala sen ter boca, escoita sen ter orellas. Para ser tan pequeniño, ben fai moito barullo!".
  2. "Por máis que me pisas non me fas dano. Eu, máis o meu xemelgo, imos contigo a todas partes".
  3. "Moitos golpes recibe, cando á xente a entrada prohibe".
  4. "É moi longa e está feita de lá. Cando vai frío lévaa miña irmá".
  5. "Teño agullas e non sei coser. Teño números e non sei contar. Quén son?".
  6. "Son bonito por diante e algo feo por detrás. Cambio a cada intre xa que imito aos demáis".
  7. "É un señoriño algo gordiño. Sempre anda coloradiño. El xamais toma café, soamente toma té".
  8. "Nin é cama nin é león, máis camúflase en cada rincón".
  9. "Canto máis gordo máis sabio. Canto máis longo máis pesado".
  10. "Teño cadeas, pero non estou preso. Canto máis me empurran mellor o paso".



Mañá mesmo subirei as solucións dos enigmas.

Consellos COVID-19

Boas! Cómo andades? Todo ben? Agora que xa podemos sáir á rúa de novo é imprescindible que teñamos presentes as normas que debemos seguir para combatir o COVID-19. Se vos lembrades,  antes de marchar para casa cando pecharon a escola, xuntos comentamos que cousas debemos facer e cales non para axudar a combatilo.
Para refrescarvos a memoria e comprobar que tedes ben presentes as intruccións que todos debemos seguir agora que nos deixan saír da casa, aquí vos deixo unha actividade. Para resolvela tedes que unir cunha frecha o texto e a imaxe que vai con el, que o representa. É dicir, cada ovella coa súa parella.

La palabra covid-19 con el icono de coronavirus, signo de concepto ...