3º, 4º, 5º, 6º Primaria
Seras quen de sair destes laberintos? A cada cal a cousa ponse máis difícil!

Neste blog poderedes atopar actividades e xogos voluntarios cos que repasar o aprendido este ano na escola Primaria.


Son unha muller. Teño o cabelo longo recollido nunha trenza. Non, non son Elsa! Visto como unha vaqueira e vivo grandes aventuras cos meus amigos... grandes aventuras que a ti pareceranche ben pequenas. O meu mellor amigo tamén viste de vaqueiro, e xunto cun home do espacio sempre andamos en líos para conseguir volver co noso neno A___. Sabes quen son?
Son un animal. Sen ter plumas, sei voar. Sendo negro, non son un morcego. Encántame o peixe, pero non son un gato. Son un alfa, pero non son un lobo! Estou cuberto de escamas. Teño catro patas, ás e unha longa cola. O meu mellor amigo é humano, o seu nome comeza con H___. Vivo nunha illa de guerreiros vikingos no medio do mar. Quen son?