Son un personaxe de fantasía. Son de xénero masculino. Na miña película, son o protagonista. Ainda que moita xente asústase ao verme, son o heroe. Vivo nunha casiña no medio dunha ciénaga. O meu mellor amigo é un animal que non para de falar e cantar. O seu nome comeza por A___, é moi teimudo! Ainda que son un monstruo verde, son quen de rescatar unha princesa dunha temible dragoa... e ademais caso con ela! Quen son?
Son unha muller. Teño o cabelo longo recollido nunha trenza. Non, non son Elsa! Visto como unha vaqueira e vivo grandes aventuras cos meus amigos... grandes aventuras que a ti pareceranche ben pequenas. O meu mellor amigo tamén viste de vaqueiro, e xunto cun home do espacio sempre andamos en líos para conseguir volver co noso neno A___. Sabes quen son?
*Comproba a túa resposta facendo clic na imaxe da personaxe.
Hoxe traiovos un reto... con palillos. Xa sabedes como funciona isto! Collede na casa palillos e reproducide a imaxe que vedes debaixo. Ben, listos? Agora movendo soamente tres palillos, tendes que formar tres cadrados iguais! Pero coidado, non pode quedar ningún palillo fora dos cadrados!
*Para comprobar a solución do enigma fai clic na imaxe.
Son unha muller. Sen ser raiña, son de sangue real. Vivo nun mundo onde a maxia existe. Son orfa de pai e de nai, pero teño unha irmá. O meu mellor amigo ten un nome que comeza pola letra O____. Eu non teño poderes, pero a miña irmá sí. O meu palacio está á veira do mar. Na miña historia, o príncipe non é o heroe, senón o vilán. Ainda que non é inverno, todo está cuberto de neve. Sabes quen son?
Son un animal. Sen ter plumas, sei voar. Sendo negro, non son un morcego. Encántame o peixe, pero non son un gato. Son un alfa, pero non son un lobo! Estou cuberto de escamas. Teño catro patas, ás e unha longa cola. O meu mellor amigo é humano, o seu nome comeza con H___. Vivo nunha illa de guerreiros vikingos no medio do mar. Quen son?
*Se xa o adiviñaches e queres comprobar a solución, fai clic na imaxe e verás a foto da personaxe.
1. 9/15 aparece unha soa vez.
2. 1/5 e 2/4 aparecen dúas veces.
3. As fraccións 4/5 e 2/8 aparecen 4 veces. A fracción 7/12 aparece 3 veces.
4. A fracción que máis se repite é 2/3. Aparece 6 veces.
5. Si. Aparecen 3 veces: 1/2, 1/3, 3/5, 8/12, 7/12.